EconomíaEconomíaÚltima hora

“Pincho da ruta sen ruta” na Cervexería 13/14 e no Bar Vinum, no Barco

 

Nestas datas previas á Festa do Botelo, debería estar en marcha a Ruta dos Pinchos no Barco de Valdeorras, pero este ano a situación sanitaria e as restricións impostas pola Xunta, especialmente estritas co sector hostaleiro, impediu a súa organización.

Así e todo algúns establecementos non se resignan a deixar perder unha cita xa de referencia na localidade no mes de xaneiro. Por iso, dende o 14 e ata o vindeiro 28 deste mes, a Cervexería 13/14 e o Bar Vinum ofrecen o seu particular pincho da “ruta sen ruta”. Unha boa iniciativa para manter viva a hostalaría que está tendo moi boa acollida.

 

Pincho da “ruta sen ruta”, no Vinum.

 

No caso do 13/14, aseguran que pensar seguir facendo o que mellor se lles dá, traballar. “Poden reducirnos horario, quitarnos festas, etc, pero no nos van quitar a ilusión e as ganas de seguir”. Así, na honra á Festa do Botelo e á Ruta dos Pinchos “unha tradición xa tan nosa”, aseguran, terán o seu famoso “bolo preñado” agora en tamaño 4×4 por 1,5€ “porque mentres non no lo prohiban, seguiremos reinventándonos”, aseguran.

O Vinum, pola súa banda, participa nesta mini ruta de pinchos cunha “mini tostá con mermelada de piña, peituga de polo con tomate, ovo de codorniz e cebola caramelizada”, tamén por 1,50€.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button