Igual que fuxeron durante as festas de verán, o Concello da Rúa elaborou un plan de tráfico para a Bacofesta 2024 que arrinca esta tarde ás 20:30 horas no recinto feira, no Aguillón, e que se estenderá durante toda a fin de semana.
Neste mapas indícanse os puntos de aparcamento coa distancia ata o recinto feiral e tamén as estradas e direccións polas que se deberá circular en coche.
Do mesmo xeito, dende o Concello indican que haberá servizo de tren gratuíto os tres días de Bacofesta ata o recinto feiral, de 20 a 22:30 horas dende a praza do Concello. “Prioriza o desprazamento a pé e/ou en transporte colectivo”, recomendan.
Ese mesmo tren sairá esta tarda ás 20:45h. da praza do Concello ata a Ponte da Cigarrosa para quen queira participar do encontro entre as alcaldesas da Rúa e Petín, María G. Albert e Raquel Bautista.