DeportesÚltima hora

Podio para Brandan Márquez (Tres Lunas Valdeorras) na primeira proba da Transgalaica 2020

A Maraton MTB Series disputábase na localidade pontevedresa de Carballedo (Cercedo-Cotobade)

O ciclista do Tres Lunas Valdeorras, Brandan Márquez. /Foto cedida.

 

Un total de 301, dos 450 inscritos, conseguían completar no tempo marcado pola organización, o percorrido da primeira proba da Transgalaica 2020 que se celebraba esta fin de semana na localidade pontevedresa de Carballedo (Cercedo-Cotobade). E entre eses ousados estaba Brandan Márquez, xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras, que non só chegaba a meta en tempo e forma senón que o facía entre os tres primeiros.

Tal como explican dende a organización “cúmprense os pronósticos en Cotobade” e a proba masculina foi unha loita directa xa dende a saída, entre Javi Busto (Extol MTB Team) e Anxo Lorenzo (Master da Louriña), cun numeroso grupo de oito unidades circulando a máis dun minuto dende os primeiros compases. Ao final o corredor do Extol MTB Team “impuxo a súa veteranía a un sorprendente Anxo Lorenzo que promete dar moita guerra esta tempada”, indican dende a organización. O terceiro caixón do podio era para Brandan Márquez “nun pechado sprint con Miguel A. Arias e Alberto Alanis”.

Dende o club valdeorrés co que corre Márquez, amosan unha vez máis a súa satisfacción e admiración polo ciclista vigués asegurando que aínda está arrancando a tempada e esta non é a súa especialidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button