A tempada 2023 de orientación, na súa modalidade de “O-Pié”, inicábase o sábado 12 de marzo coa realización da primeira proba da liga Galega na localidade de Paderne, na provincia da Coruña. Ata alí desprazáronse 7 representantes do Club Peña Trevinca Barco, que demostraban “que non querían pasar desapercibidos entre os mais de 300 participantes”, sinalan dende esta entidade deportiva.
As mozas amosaban o seu bo estado de forma cultivando os seguintes resultados:
• Mailén Aller Pfirter, 1ª en F-18
• Remedios Durán Pernas, 1ª en F-55
• Martina Aller Pfirter, 3ª en F-14
Os mozos que representaban ao club valdeorrés na categoría M-21B, non quixeron ser menos e Francisco José Camba Rodríguez obtiña un cuarto posto e Diego De La Torre Herrera conseguía un sexto.
A competición continúa o vindeiro sábado 1 de abril na localidade de Guitiriz.
Fotos de arquivo e cedidas.