DeportesÚltima hora

Podios para os atletas das Escolas Deportivas de Trives no provincial de cross, en Xinzo

 

Ata unha decena de medallas sumaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives no Campionato provincial de campo a través que se celebraba neste 6 de decembro en Xinzo de Limia. Alí competían coa camiseta do Club Adas Cupa do Barco.

Así, Martín Rey en Sub-16 quedaba terceiro a nivel individual e era prata por equipos; Antón Prieto proclamábase campión por equipos Sub-12; mentres que Deva Posada, Alejandra Prieto, Ana Basalo e Ainhoa Pérez quedaban segundas por equipos en Sub-12. Finalmente, Adrián Pérez, Gerard González e Ángel Rincón eran tamén segundos por equipos en Sub10.

“Cada vez estou máis orgulloso dos meus atletas, en todos as probas sempre dan o mellor, sobre todo hoxe que facía moito frío no hipódromo de Xinzo, grazas aos pais por estar sempre connosco e ao Concello de Trives”, sinala o adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button