CulturaCulturaÚltima hora

Poesía, música e humor para abordar a igualdade con Aldaolado, no Barco

 

Dentro do programación do Día Internacional da Muller, por parte do CIM do Barco prográmase no Teatro Lauro Olmo este venres 4 de marzo ás 21h o espectáculo “O Benquer(se)” de Aldaolado sobre a igualdade.

Nesta proposta as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para “facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada”. Para isto parten de experiencias propias que aparecen nas historias e poemas, pero tamén chaman por mulleres que marcaron a nosa historia – como Elisa e Marcela, por poñer só un exemplo-, e que van agromando entre os versos, nas cancións e nas pequenas homenaxes que conforman este espectáculo cheo reflexión, risas e amor.

 

Artigos relacionados

Back to top button