Con textos propios, pero tamén versións, o dúo formado por Lucía Aldao e María Lado achegaban ao público do XI Ciclo De Perto á poesía dun xeito ameno, singular, divertido e mesmo transgresor, usando tamén a música. Así Aldaolado actuaba a partir das 20:30h. nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco), mantendo unha interacción directa cos espectadores.
Fotos cedidas.