ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Policía Local do Barco de Valdeorras honra ao seu patrón

A celebración da festa de San Mauro incluíu procesión coa imaxe do santo, misa e aperitivo

Ás 12:30h. do 15 de xaneiro, unha tirada de bombas anunciaba o comezo da procesión de San Mauro, patrón dos municipais do Barco de Valdeorras. Á cabeza, un ano máis, os membros da Policía Local vestidos de gala levando a ombros a imaxe do santo.

Tralo percorrido polas rúas do casco vello, seguido por numerosos fieis e membros da Corporación Municipal, tiña lugar a eucaristía presidida polo párroco Tomás Rodríguez. E de seguido, os municipais (entre os que se atopan dous novos axentes de recente incorporacion, que completan o plantel) compartían cos convidados un aperitivo no bar Excalibur.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button