Concellos

Pombriego recupera o seu Viacrucis

 

Nesta Semana Santa a comunidade de Pombriego (León) vén de recuperar o seu tradicional Viacrucis, que levaba décadas sen celebrarse. Onte, Mércores Santo, ás 20h. celebrábase unha misa na igrexa parroquial e, tras ela, saía o Viacrucis cun percorrido por toda a localidade no que se rememoraba a paixón e morte de Cristo. O Monumento e a Virxe atopábanse nese mesmo templo.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button