CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima horaVídeos

Ponse en marcha a Escola Municipal de Música Tradicional de Castro Caldelas

Impartirá formación a nenos e adultos a partir de outubro e estará dirixida polo gaiteiro caldelao Diego Prieto

 

A partir do 5 de outubro comezará a funcionar a Escola Municipal de Música Tradicional de Castro Caldelas, promovida dende o Concello. Nela impartiranse clases cada mércores en diferentes disciplinas: Gaita, Percusión, Pandeireta e/ou Baile para nenos e adultos. Ademais, no caso de que haxa demanda, tamén se valora incluír formación en acordeón.

A presentación deste novo proxecto, cuxa dirección correrá a cargo do gaiteiro caldelao Diego Prieto, tiña lugar na tarde do 14 de outubro no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas. Neste acto tamén se presentaban os profesores que impartirán clase aos alumnos detsa escola: Manuel Rodríguez (mestre de gaita e de baile tradicional na Asociación O Fiadeiro de Vigo) dará formación en baile, Diego Iglesias será docente de percusión tradicional e Diego Prieto de gaita.

A escola impartirá dúas horas lectivas á semana unha delas para nenos (que se pretende incluír dento das actividades extraescolares dos cativos) e outra para adultos. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición na escola poderán facelo no Concello de Castro Caldelas.

 

 

Ademais da presentación realizada o 14 de setembro, os responsables da escola teñen previsto achegar esta iniciativa aos máis pequenos a través dunha xornada de música tradicional no colexio de Castro Caldelas con diversas actividades.

“Castro Caldelas é unha vila de tradición musical desde que os Gaiteiros caldelaos Os Trazabos se fundaran en Buenos Aires no século pasado, con dous grupos de gaiteiros (OS Trabazos e Airiños de Caldelas) e o Orfeón Caldelas actualmente; non podíamos deixar de crear unha Escola de Música que manteña a tradición musical. Tamén nace esta Escola Municipal có ánimo de recuperar e ampliar a música e legado dos antigos Trabazos e a Danza das Cocas de Santa Tecla”, explica a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button