ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Ponse en marcha o circuíto de xogos co que O Barco CCA celebra o “Día do Pai”

Estaba previsto na praza do Concello, pero por mor da chuvia, trasladouse ao pavillón vello

 

Pasadas as once da mañá cobraba o circuíto de xogos e inchables deportivos da campaña “Con P de Pai”, que promove neste 18 de marzo O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) con motivo da celebración do Día do Pai. Inicialmente estaba previsto que se instalase na praza do Concello, pero por mor da chuvia, a organización acordaba trasladalo ao pavillón vello da vila.

Este circuito consta de catro inchables deportivos onde pais e fillos/as deberán xogar en parellas para acadar a puntuación mínima, en cada inchable, e levarse vales de compra para investir nos establecementos asociados. Os primeiros xa percorrían cada unha das probas ás once deste sábado.

A campaña desenvolverase neste sábado en horario de 11h. a 13:30 horas e de 17:30h. a 20h. Para participar nos xogos é obrigatorio presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mes de marzo e importe mínimo de 5€.

Fotos: A.R., agás as dúas últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button