EconomíaEconomíaÚltima hora

Porto de Sanabria (Zamora) celebrará a súa feira equina este sábado 27 de xullo

Centos de cabalos encherán Porto de Sanabria este sábado 27 de xullo nunha nova edición da feira equina que “perdera forza, pero que nos últimos anos contou cunha alta participación dos veciños de Porto e os turistas que veñen de Zamora e de Galicia”, reflexiona o alcalde da localidade ‘portexa’, Francisco Blanco.

 

 

Así, dende primeira hora da mañá, decenas de cabalos coparán o paseo fluvial de Veirourrio. “Os visitantes que cheguen á localidade non só atoparán fermosos exemplares equinos, tamén poderán gozar do polbo a feira e dun mercadiño tradicional”, engade o alcalde. Nesta edición, tamén estará presente o presidente da raza de cabalos Hispano-Bretón, Xisto Martínez, con algúns exemplares desta raza.

“É un orgullo para nós que cada vez máis xente se interese por estar presente nesta feira”, di Blanco, asegurando que, co paso dos anos “queremos que sexa igual de importante que a feira de gando bovino que celebramos en agosto coa raza Alistano-Sanabresa”.

Artigos relacionados

Back to top button