ConcellosÚltima hora

Posibles cortes de tráfico polo asfaltado da nova rotonda de Calabagueiros (O Barco)

Está previsto que se realice neste xoves 6 de febreiro e implicará unha reestruturación do tráfico na zona

 

Está previsto que mañá xoves 6 de febreiro se proceda a realizar o asfaltado da nova rotonda do barrio barquense de Calabagueiros. Isto implicará a presenza de maquinaria pesada nesta zona e “posiblemente algún corte puntual do tráfico” nese punto, segundo informa a Policía Local do Barco, que recomenda “na medida do posible” evitar circular por esa parte da vila.

Ademais esta actuación implicará unha reestruturación do tráfico polo que se recomenda que os condutores estean atentos aos sinais da zona.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button