PolíticaÚltima hora

O PP plantexa dez iniciativas para o Debate do Estado da Provincia

Estas iniciativas vanas prensentar no vindeiro pleno extraordinario convocado para o 16 de novembro
Plácido Álvarez, Pablo Pérez e Montserrat Lama.

O grupo provincial popular presentou hoxe, 14 de novembro, un decálogo de propostas de resolución que presentará ao pleno extraordinario de debate sobre o estado da provincia, que a Deputación celebrará o vindeiro xoves, 16 de novembro. Este documento recolle acción en materia depolítica social, turismo, identidade, cultura e dinamización económica, termalismo e cooperación. Os populares destacan que “cómpre destacar a atención prestada en iniciativas relacionadas con actuacións na área de emerxencias”, concretamente foi o coordinador do grupo, Pablo Pérez, durante a presentación deste decálogo, acto no que estivo acompañado polo voceiro do grupo, Plácido Álvarez, e a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama.

Pérez subliñou que o acontecido a mediados do mes de outubro coa vaga de lumes, así como as iniciativas que está a impulsar a Deputación no uso das últimas tecnoloxías en situación de emerxencias ou o financiamento íntegro por parte desta institución provincoal dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais “precisaban de accións complementarias de cara á sensibilización da sociedade de aí que unha das nosas propostas teña como obxectivo transmitir á sociedade ourensá con especial atención a escolares e maiores, a necesidade de incidir na prevención”.

Así, en canto ás propostas presentadas polos populares, en materia de Política Social pretenden facer un reforzo do Consello Social Provincial para elaborar un mapa que faga unha diagnose da provincia e un plan de reforzo do labor que desenvolven as distintas asociacións e entidades.

En materia de Turismo, propoñen o aproveitamento do pulo do Xacobeo 2021 elaborando unha estratexia turística provincial enfocada aos peregrinos de cara a ese ano santo, coa posta en valor das rutas que pasan pola provincia. Tamén propoñen unha participación activa dentro da celebración, no 2020, dos cen anos da Revista Nós.

No eido de Cultura e Patrimonio, propoñen apostar por recuperar, conservar e difundir a memoria da provincia.

Xa na parte económica, apostan por facer un estudo da implantación da “Marca Ourense” de calidade de produción agroalimentaria, tendo en conta as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas coas que conta a provincia. Tamén apostan por continuar co convenio coa CEO para seguir co plan “Exportou” para a internacionalización das empresas da provincia.

Finalmente, o Termalismo ocupa outro posto nesta lista, coa creación e posta en marcha da Mesta Técnica Termal coordinada por diversas administracións, así como a cooperación coa Xunta de Galicia a través dos centros comarcais cun estudo da xestión e utilización dos mesmos.

Artigos relacionados

Back to top button