ConcellosÚltima hora

Pradorramisquedo (Viana), unha das aldeas afectadas polas fortes chuvias

A localidade estivo incomunicada dende o luns, aínda que hoxe xa baixara o caudal do río

 

As contantes e intensas chuvias caídas nos últimos días, moitas provocadas pola borrasca Elsa, deixaban numerosas incidencias na provincia de Ourense. Un dos lugares máis afectados na zona máis oriental era a localidade de Pradorramisquedo no concello de Viana do Bolo que permanecía varios días incomunicado polo desbordamento do río Bibei que cubría a única vía de acceso: a ponte.

Na xornada de hoxe, venres 20 de decembro, quedaba por fin aberto o acceso ao pobo aínda que con dificultade. “Hoxe baixou o nivel e pódese pasar pero aínda hai auga e se segue chovendo volverá quedar cuberta a estrada”, explicaba Magdalena, unha das veciñas da vila, asegurando que levaban dende o luns sen pan. “Ese día xa non pudo pasar a panadeira”, engade.

Outro veciño, Julio, asegura que o peor foi o destrozo nos campos de centeo.”Quedou a colleita perdida de todo”, lamentábase con resignación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button