DeportesPiraguismoÚltima hora

Prata para o Fluvial Barco en K2 sénior no Campionato de España de Maratón

Podio de K2 sénior no Campionato de España de Maratón, en Pontevedra./ Foto: Fegapi.

 

Podio para o Club Fluvial Barco na xornada do 9 de maio no Campionato de España de Maratón, que se disputaba nesta fin de semana nas augas do río Lérez, en Pontevedra. Os padexeiros Miguel Fernández e Julián Becerro, que compiten co club valdeorrés, lograban o segundo posto en K2 sénior (cunha marca de 1:47:36.78), tras sufrir un envorco no derradeiro porteo, o que lles impediu loitar polo triunfo, que foi para os asturianos Miguel Lloréns e Alberto Plaza. No terceiro posto nesta categoría situábanse Iván Alonso e Jaime Sobrado.

Ademais o K2 sénior do Club Fluvial Barco lograba a clasificación para o Europeo de Moscú. Dentro do Campionato galego conseguían ademais o primeiro posto autonómico.

Artigos relacionados

Back to top button