EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Praza de Abastos do Barco, un espazo idóneo para mercar produtos frescos e de calidade

 

Carne, embutidos, verdura, froita,… Son moitos e moi variados os produtos que se poden atopar na Praza de Abastos, un espazo idónea para facer as compras do día a día e moi especialmente en datas sinaladas como o Nadal que se aproxima.

Un exemplo témolo no Barco de Valdeorras, cuxo mercado se ubica no baixo do edificio Multiusos (entrada pola rúa Marcelino Suárez), ofrecendo un sinfín de produtos gastronómicos de primeira calidade.

 

Posto de carne e embutidos.

 

Nesta praza tamén se levan a cabo actividades de promoción como a que se celebraba esta fin de semana no marco de “Gastromímate, unha ponte de sabores” organizado por Aeva, cunha visita polos postos, unha cata de viños de Valdeorras e de alimentos de tempada.

Fortos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button