Galerías de fotosÚltima hora

A praza do Sagrado, no casco vello do Barco, loce nova imaxe

Situada detrás da igrexa barquense de San Mauro, a praza do Sagrado conta agora cun novo elemento que muda a súa imaxe. Trátase dun gran banco de cor branca e forma circular dunha soa peza, que permite xogar aos máis pequenos, ademais de servir como asento tanto a nenos como a maiores.

O entorno ao redor do banco conta cunha base de goma, moi parecida a usada nos parques infantís, que mitiga o efecto das caídas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button