ConcellosÚltima hora

Prazas completas na 1ª etapa do Camiño de Santiago “Augas Sacras”, que parte mañá de Castro Caldelas

Terá unha distancia de 18km e 550m de desnivel positivo con dificultades baixa-media

 

Aforo completo na primeira das etapas do Camiño de Santiago “Augas Sacras” que se realizará mañá sábado 8 de maio en Castro Caldelas. Terá unha distancia de 18km e 550m de desnivel positivo e de dificultades baixa-media.

O programa comezará ás 9:20h na Praza do Prado da vila para saír en autobús cara o inicio de ruta en Ponte Navea. Dende aí o alto de Cerdeira, Vilamaior, Casfiel, Cacidrón, S. Pedro, O Burgo, Mosteiro de S. Xoán de Camba e chegada sobre as 16:00h a Castro Caldelas.

“A ruta será guiada por un guía titulado, con avituallamento, seguros e autobús para acceder ao inicio. Os participantes desfrutarán da paisaxe, dos monumentos e da historia”, asegura a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, quen agradece á participación e adianta que “e novo hai aforo completo para a próxima ruta do día 22”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button