“Son cabreirés, son de aquí, e teño orgullo e amor polas miñas tradicións e polas miñas cousas”. É o testemuño de Edilberto Mateo, pastor da aldea de Pombriego (León), pero tamén un activo recuperador das tradicións da zona, cuxa experiencia se conta no documental “El último de Arganeo”, dirixido por David Vázquez, prestrearase o vindeiro venres, 11 de decembro, ás 20:30h no auditorio de Chantada.
Este mozo é o último pastor da contorna que mantén viva esta tradición inmemorial. Ao longo de tres meses, durante o verán, acostuma vivir nos denominados “corrales de Arganeo”, unhas antigas construcións de montaña, de forma cadrada, para gardar o gando en altura.
Este traballo audiovisual conta coa colaboración do Instituto Leonés de Cultura e está impulsado dende pinanchoaudiovisuais.com.