ConcellosÚltima hora

Premio Agader para o GRD Ribeira Sacra Courel polo seu labor no xeoparque

A candidatura, presentada na modalidade de turismo, obtiña 90 puntos, a máxima puntuación acadada por todas as solicitudes presentadas, un total de 8, en diferentes categorías
Pregue deitado de Campodola-Leixazós, no Xeoparque Montañas do Courel./ Foto: Carlos G. Hervella.

O GDR Ribeira Sacra Courel vén de recibir un premio de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na modalidade de turismo pola xestión realizada para o Xeoparque Montañas do Courel, no territorio dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

A candidatura obtivo 90 puntos, a máxima puntuación acadada por todas as solicitudes premiadas, un total de 8, en diferentes categorías. Estes son os décimos premios de Agader para as iniciativas de desenvolvemento rural.

“Dende o GDR queremos compartir o premio con todos os que creron no proxecto e traballaron conxuntamente para acadar o recoñecemento da UNESCO, o que converteu a iniciativa, impulsada dende o GDR, no primeiro Xeoparque Mundial da UNESCO do noroeste de España e o primeiro galego”, asegura o seu xerente, Martín Alemparte, tamén coordinador do Xeoparque Mundial Unesco Montañas do Courel.

Estes galardóns entregaranse o vindeiro 21 de xuño e consisten nun diploma e unha dotación en metálico de 10.000€. O xurado encargado de outorgar as iniciativas presentadas estaba formado polos directores xerais de Igualdade, de Políticas Culturais, de Turismo, de Patrimonio Cultural, de Xuventude, de Gandaría e Agricultura e Industrias Agroalimentarias; así como polo secretario xeral de Agader e o presidente da Fegamp. Este xurado premia a Montañas do Courel como un proxecto global de desenvolvemento turístico.

Artigos relacionados

Back to top button