CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Premio para a curtametraxe “Amanezca”, dirixida por Lucía Álvarez, no Festival El Pecado

A actriz María Botto recollía o galardón Linda Chacón 2022 polo seu papel neste filme

Publicidade

 

A curtametraxe “Amanezca”, escrita e dirixida pola actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), vén de lograr unha distinción no XXI Festival Internacional de Curtametraxes El Pecado, que vén de celebrarse en Llenera (Estremadura).

A actriz María Botto, lograba o Premio Linda Chacón 2022 polo traballo nesta curtametraxe, con música de Rosa Torres-Pardo. O filme conta a historia de Rita, unha actriz que se enfronta ao reto de interpretar a Laurencia, protagonista da célebre obra teatral Fuenteovejuna, escrita por Lope de Vega e publicada en 1619. E mentres prepara este difícil papel, de súpeto, vive unha situación similar á dese personaxe, case catro séculos despois.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button