EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Premios para os mellores viños da D.O Ribeira Sacra

O galardón ao mellor branco era para Abadía da Cova de Adegas Moure e o do mellor tinto para Cruceiro da adega Ramón Marcos Fernández
O presidente do CRDO Ribeira Sacra e o conselleiro de Medio Rural cos galardoados na Cata da Ribeira Sacra.

Cun xantar poñíase o broche neste 5 de xullo á XXV Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra no Balneario de Augas Santas en Pantón (Lugo). Dos 67 viños (17 brancos, 32 tintos e 18 doutras añadas) presentados, 8 recibían premio. Na categoría de brancos o primeiro premio era para Abadía da Cova (Adegas Moure), mentres que o segundo correspondíalle a As Glorias (Adegas Amedo) e o terceiro a Viña Vella de SAT Virxe dos Remedios.

No apartado de tintos valorábanse tesultaba galardoado co primeiro Cruceiro da adega Ramón Marcos Fernández, co segundo Abadía da Cova de Adegas Moure e co terceiro Casa Moreiras Selección de Casa Moreiras S.L.

Na categoría Viños doutras Añadas presentábanse 18 viños polo que se establecen dúas Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes. Os premios recaeron en: Capador, viño tinto summum barrica 2017 da adega Manuela Valdés Pérez e Sollío, Mencía barrica 2017 da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez.

O panel de cata desta edición estaba integrado por 11 catadores: Víctor Cortizo Fontán, Humberto Loureiro Argullós, Ana María Martín Abild, María Isabel Mijares e García de Pelayo, Estrela Gabriel Rodríguez, Miguel Ángel Martín, Francisco Sauco Sánchez-Casas, Manuel Ángel Capote Pérez, Waldo Carreiras Albo, José María Martínez Alonso e Adela Richer Moreno-Luque.  Os catadores do panel de cata destacaron a calidade dos viños e loubaron as calidades e características que fan diferentes aos viños da D.O. R.S.

No acto de entrega de premios contábase coa asistencia de numerosas autoridades, entre as que estaba o conselleiro do Medio Rural, José González, o presidente do CRDO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, así como alcaldes de concellos da Ribeira Sacra como os de San Xoán de Río, Trives.

 

A alcaldesa de Trives e o alcalde de San Xoán de Río no xantar de entrega de premios./ Foto cedida.

 

Festival da Ribeira Sacra

Nesta fin de semana Monforte de Lemos acolle ademais o Festival do Viño da Ribeira Sacra, coa participación de diversas adegas e unha chea de actividades vencelladas ao mundo da viticultura.

 

Os alcaldes de San Xoán de Río, Parada de Sil, Castro Caldelas e A Teixeira, no stand de Adega Vella./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button