CarballedaConcellosÚltima hora

Preocupación en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) por un caso de Covid

Publicidade

 

Continúan aparecendo positivos de Covid-19 en Valdeorras. Tras os confirmados na Veiga e en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras), agora vén de rexistrarse un novo caso, tamén importado, na localidade de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). Trátase dunha muller procedente de Valladolid, que se encontra a seguemento a domicilio.

Segundo puido saber este medio de comunicación, hai xa seguemento de contactos e varios veciños están illados á espera do resultado de probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button