ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Preocupación na rúa Pérez Lista do Barco por moito fume de orixe descoñecida

Esta incidencia mobilizaba de inmediato aos equipos de emerxencia, que están tratando de determinar a que pode deberse

 

Un aviso por un posible incendio na céntrica rúa doutor Pérez Lista do Barco mobilizaba ás 12:15h. deste luns 31 de agosto aos equipos de emerxencia. Ata esa zona da vila desprazábanse de inmediato a Policía Local, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e dous camións do parque comarcal de bombeiros.

 

 

Os locais comerciais da zona detectaban moito fume, de orixe descoñecida, nos seus baixos e almacéns. Nestes momentos, os equipos de emerxencia tratan de determinar a que pode deberse ese fume, mentres os veciños e os comerciantes seguen con preocupación o seu labor.

 

Artigos relacionados

Back to top button