CulturaCulturaÚltima hora

Presentación do libro “A fábrica de chocolate em Teimende”, en Ourense

O acto está previsto para o vindeiro venres ás 19:30h. no Salón Nobre do Liceo de Ourense

 

O libro “A fábrica de chocolate em Teimende”, escritor por José Luis Fernández Carniceiro e que aborda a historia do último chocolateiro de Parada de Sil, presentarse o vindeiro venres 8 de abril ás 19:30h. no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Neste acto, promovido polo Concello de Parada de Sil, contarase coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; co alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez; e coa filla do chocolateiro, Rosa Casares.

Ademais está prevista a actuación de frauta traveseira de Jocabed Fernández, acompañado ao piano polo autor.

“A fábrica de chocolate em Teimende” está escrita en castelán e traducida ao galego-portugués polo profesor Isaac Alonso Estraviz. Incorpora numerosas fotografías e documentos con facturas, albaráns, escritos de petición de mercadoría ou maquinaria, que dan unha idea fidedigna do funcionamento e do contexto no que se desenvolvía a elaboración do chocolate.

Para escribir o libro, o autor valeuse da documentación aportada pola familia Casares, así como da testemuña das duas fillas do último chocolateiro, Loli e Rosa, que de nenas axudaban na elaboración do chocolate durante as vacacións escolares. Tamén utilizou material do seu propio arquivo familiar, e en menor medida de outras fontes vencelladas ó mundo do chocolate e o cacao.

 

Artigos relacionados

Back to top button