PolíticaÚltima hora

Presentación dos candidatos do PP á alcaldía das sete cidades galegas

“Con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades”, aseguraba Núñez Feijóo neste acto en Santiago
Feijóo na presentación dos candidatos populares ás sete cidades galegas.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propón para as cidades galegas gobernos que funcionan como o de Galicia, “con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades e o fracaso do Goberno de España tamén fracasará”. Dicíao en Santiago o 12 de xaneiro no acto de presentación dos candidatos á alcaldía populares das sete cidades galegas, entre eles o ourensán Xesús Vázquez.

O líder dos populares subliñou que o PPdeG é garantía de ofrecer o que os cidadáns merecen: solucións, alcaldes coñecidos e recoñecibles, con experiencia e proxectos; políticos fiables e predicibles; e administracións que dan certezas: “o noso partido leva dez anos demostrando en Galicia que se poden facer as cousas ben, que se pode e se debe gobernar sen ocorrencias nin sobresaltos, e que as administracións deben mirar por todos os cidadáns”.

En referencia ao candidato do PP na cidade das Burgas, Feijóo destacou a figura de Xesús Vázquez para que “Ourense siga crecendo en proxectos e para que supere o maior dos seus obstáculos: a oposición”.

 

Outro dos momentos do acto, celebrado en Santiago.

 

Artigos relacionados

Back to top button