EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase a XIX Festa do Esquecemento de Xinzo

Terá lugar os vindeiros días 22, 23, 24 e 25 de agosto

Durante unha das pasadas edicións da festa. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xinzo de Limia celebra estos días 22, 23, 24 e 25 de agosto a súa XIX Festa do Esquecemento. Está organizada, como todos os anos, pola Asociación Civitas Limicorum, e colaboran o Concello de Xinzo, a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura, os comercios locais, e a Confederación Hidrográfica.

Así, no día de onte, o presidente da asociación, Iván Prado; a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama; e o concelleiro de Cultura, presentaron a programación desta celebración. A alcaldesa destacou o esforzo que require preparar esta festa xa que “participan preto de 800 persoas dos campamentos castrexos e das domus romanas durante máis dunha semana, entre preparativos e organización”. “Agardamos que a festa siga medrando en visitantes e en repercusión fóra do propio concello”, afirmaba o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez.

 

Durante a presentación da actividade.

 

O presidente de Civitas Limicorum destacou como novidade deste ano a celebración de catro concertos, un por día (Andoa, Grimorium e Wyrdamur), ademais da ampliación dos postos de artesanía no mercado castrexo-romano Macellum, chegando aos corenta. “As rúas de Xinzo e non só o campamento están repletas de actividades dende a mañá á noite, non hai case nin media hora de parón entre as actividades”, afirmaba.

A apertura do campamento será o xoves día 22 ás 00:00 horas, e a partir de aí, terán lugar catro días de festa, desfiles, espectáculos, teatro, música, actividades infantís ou exhibicións de aves rapaces, entre outras actividades. Para garantir a seguridade, colaborarán Protección Civil, Policía Local e Cruz Vermella.

O prendido do lume sagrado terá lugar no Campamento, o venres ás 23:00 horas. A continuación, castrexos e romanos xuntaranse e terá lugar o desfile inaugural, polas rúas principais. A este defile seguiralle o teatro A Invocación dos Deuses e o predido do Lume Sagrado na Praza Maior, para rematar cun espectáculo de lume e o concerto.

A mañá do sábado estará composta por diferentes teatros, pasacorredoiras, e exhibicións de aves rapaces. Pola tarde, haberá actividades para os nenos e seguirá o teatro para que ás 20:30 horas os castrexos e romanos desfiles polas rúas principais da vila. O turno das vodas castrexo-romanas será ás 21:30 horas no campamento, para rematar con máis teatro, desfiles, lume, e a actuación da Charanga XL no Campamento.

O último día, ademais das actividades como o teatro, xogos infantís e pasacorredoiras, terán lugar o gran desfile final, ás 19:00 horas, e as Loitas do Coliseum ás 20:30 horas. O apagado do lume sagrado será ás 23:45 horas, acompañado do espectáculo A Queima do Campamento.

Por último, dende a asociación reclaman que se declare Festa de Interés Turístico Galego, aínda que xa o é local. Pola súa banda, o Concello asegura que se está a estudar este tema.

Para ler o programa completo: https://es-es.facebook.com/civitas.esquecemento/

Artigos relacionados

Back to top button