CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase en Vilamartín de Valdeorras a novela sobre Correxais

A obra de Antonio Castro Voces e David Vázquez Álvarez xira en torno á feitos históricos e de ficción

“A imaxinación dun gran escritor como é David e o talento dun historiador como é Antonio, deron lugar a un gran e interesante libro”. Con estas palabras remataba José Fernández a presentación dos autores da novela “Correxais. No berce da cultura cara á liberdade” que dúas semanas despois de ser presentado no Barco, chegaba a Vilamartín de Valdeorras.

Alí, no Centro Vía Nova, tiña lugar na tarde do 17 de marzo a presentación desta obra literaria á que acudiu numeroso público. Na mesa, o alcalde de Vilamartín, Enrique Barreiro, os autores e José Fernández, que daba paso a Catro Voces. El foi o encargado de debullar o contido do libro despois de loar o labor de José co museo de minerais que levantou con traballo e esforzo, e criticar a falta dun museo público en todo Valdeorras, malia ser unha comarca con grandes riquezas, naturais, minerais e culturais.

Con respecto ao libro, que vén de ser editado por Finisterrae Ediciones, a trama desenvólvese entre finais do século XVIII e principios do XIX e narra feitos reais como a contrución do convento de Correxais, a presenza dos franceses ou a chegada de Ruíz Padrón, e tamén a historia ficticia entre o protagonista e a filla ilexítima do Conde de Ribadavia, que loita contra a opresión económica dos seus sogros.

Cando lle chegou o turno de falar a David, centrouse na amizade con Antonio co que espera volver traballar “hai feeling porque é moi doado traballar con el”, dixo e tamén con Pepe a quen coñece dende hai moitos anos. O escritor remataba a súa intervención cunha crítica medioambiental, denunciando o lixo que se atopa nas aldeas do municipio: “hai bolsas, latas,… Deberiamos pensar nos nosos pais e o limpo que tiñan os pobos”, asegurou aos presentes.

O acto remataba coa lectura de dous poemas: un de Florencio Delgado Gurriarán, co que se sumaron á campaña para que lle adiquen un Día das Letras Galegas ao poeta de Córgomo; e outro sobre a violencia de xénero. O alcalde de Vilamartín, pola súa parte, agasallaba aos protagonistas da tarde cun detalle en lousa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button