CulturaMúsicaÚltima hora

Preséntase no Baranda o I SilFest do Barco

Seis bandas actuarán no festival que se celebrará os días 21 e 22 de agosto na praia fluvial do Malecón

Seis bandas de música, polbo, churrasco, cine ao aire libre e moita festa. Son os ingredientes que compoñen a primeira edición do SilFest, un novo festival que se celebrará os días 21 e 22 de agoso na praia fluvial do Barco de Valdeorras.

A presentación oficial do evento, tiña lugar na noite do 11 de xullo na sala Baranda coa cantante viguesa Emma Placer como mestra de cerimonias e a actuación da banda valdeorresa Los Íñigos, versionando temas dos anos 80 e 90. Na festa celebrada o sábado, dábase tamén a coñecer o nome da quinta banda que formará o cartel, os barquenses SdeRap & Torfy, gañadores do concurso CreaBarco 2015 organizado por Baranda e Ton y Son. Completan o programa grandes da música en Galicia: Best Boy, Agoraphobia, Moon Cresta e los tres de La Banda del Camión que actuarán o 22 de agosto a partires das 20:30h. á beira do Sil. O pano baixarase coa festa post concerto na sala Baranda, con DJ Faber (Estudio 3 DJ’S).

Ese mesmo día pola mañá haberá sesión vermú con Los Íñigos, e xantar ao aire libre. Con todo o festival arrancará xa o día anterior, venres 21 de agosto con música, comida e bo ambiente, así como a proxección ao aire libre de “Whiplash” dentro da XXX Semana de Cine Groucho Marx Cine Club.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button