OurenseÚltima hora

Preséntase o cartel da Festa do Pulpo do Carballiño, dedicada este ano ao Xacobeo 2021-2022

Presentación do cartel da Festa do Pulpo do Carballiño 2022.

 

Na mañá deste xoves 21 de xullo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, particippaba, xunto ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, na presentación do cartel da Festa do Pulpo do Carballiño, celebración que recentemente foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional e que este ano está dedicada á celebración do Xacobeo 2021-2022.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, máis de medio século de historia avala a gran tradición da Festa do Pulpo do Carballiño, “unha das celebracións gastronómicas máis senlleiras da Comunidade galega que actúa como foco de atracción dentro da oferta turística galega do verán”, dixo, incidindo en que as festas gastronómicas conforman “a mellor mostra dalgunhas das máis relevantes exquisiteces culinarias do territorio galego, acompañadas pola tradición popular e por un dos nosos máis potentes activos como destino: a hospitalidade”.

 

O alcalde do Carballiño, Alfonso Fumega, amosa o cartel á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

 

Nava Castro incidiu así, en que a enogastronomía “é un dos grandes atractivos turísticos de Galicia e xa supón o segundo motivo polo que os visitantes acoden a Galicia, xa que gracias á nosa gran variedade e calidade de recursos, tanto marítimos como da terra, podemos ofrecer experiencias únicas”.

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia felicitou aos organizadores da Festa do Pulpo do Carballiño pola distinción acadada recentemente polo que esta celebración foi declarada de interese turístico internacional. Neste sentido, lembrou a implicación da Xunta de Galicia no procedemento para que a festa obtivese este recoñecemento, así como o pulo ao expediente administrativo da declaración desde o departamento que dirixe.

 

Asistentes á presentación do cartel, no Carballiño.

 

Por último, a titular de Turismo de Galicia referiuse tamén o apoio económico de Turismo de Galicia que reciben as festas declaradas de interese turístico, o que permite desenvolver accións de promoción e difusión que melloran a súa imaxe e a organización.

Artigos relacionados

Back to top button