ConcellosÚltima hora

Preséntase o plan director do Mosteiro de Montederramo

O obxectivo deste documento marco é establecer o estado de conservación actual deste ben
O plan prevé melloras para a accesibiliade de visitas culturais.

Na mañá de hoxe, 31 de xullo, presentouse o Plan Director do Mosteiro de Santa María de Montederramo. O coselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, foi o encargado de presentalo no propio mosteiro. O obxectivo deste documento marco é establecer o estado de conservación actual do ben e definir as liñas de actuación de cara ao futuro no eido da súa conservación e das propostas para que o seu desenvolvemento sexa sempre compatible coa salvagarda dos seus valores culturais e de identidade.

Ademais do investimento de 101.415 euros xa realizado na redacción do plan e nas primeiras actuacións, a Consellería ten previsto encargar un proxecto para realizar actuacións de mellora dos espazos que ocupaba o antigo CEIP e de condicións de accesibiliade para mellora da visita cultural do mosteiro.

Interior do Mosteiro de Montederramo.

Neste senso, o Conselleiro explicou que o Plan xa está a permitir ampliar e mellorar da calidade da visita turística e cultural do conxunto, sendo o obxectivo final da Consellería poñer en valor este legado para o seu disfrute polas xeracións futuras.

Román Rodríguez lembrou a Chamoso Lamas, que cualificara Montederramo como “o máis descoñecido dos vellos mosteiros galegos”, destacando “que se trata tamén dun dos máis sobranceiros bens cos que conta a nosa terra” e explicou que as actuacións realizadas e previstas contribuirán a dar apoio técnico ao Concello para que poida solicitar unha subvención con cargo ao 1,5% cultural “a partir dun proxecto sólido”.

No acto estiveron presentes, ademais do conselleiro, o alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez Álvarez; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet; e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; entre outras autoridades.

Actuacións urxentes

Froito da redacción do Plan, no último ano desenvolvéronse actuacións básicas de rehabilitación do ben, co fin de dar resposta ao deterioro producido despois de que o inmoble deixara de albergar o antigo CEIP de Montederramo.

O obxectivo principal foi achegar as medidas mínimas precisas para conseguir eliminar o perigo fronte a terceiros que supoñía a caída de tellas nos beirís, así como deter as filtracións de cuberta e os danos que estaba producindo a humidade. A
Así mesmo, realizáronse melloras que permitirán desenvolver de forma máis sinxela traballos de conservación e mantemento.

 

Artigos relacionados

Back to top button