Neste 12 de outubro a localidade ourensá de Montederramo volve vivir dun xento especial o Día do Pilar, cun multitudinario xantar que reunías a unhas 1.300 persoas na praza do Concello para dar boa conta do menú, regado con viños da Ribeira Sacra da XXIX Festa da Carne.
En empanada, ao caldeiro e richada, son as tres formas nas que os asistentes á festa gastronómica puderon degustar este produto típico da zona de montaña da provincia de Ourense, nunha xornada que comenzaba xa de boa mañá coa exposición e venda de produtos nos postos do mercadiño, así como a VI Exposición de Gando Vacún organizado polos gandeiros do municipio. E xa en torno ás 14 horas abríanse as portas da carpa, aínda que tamén houbo xente que xantou en diferentes establecementos da vila. No menú tampouco faltou a bica de postre, nin o café, nin a música a cargo de dúas charangas: Nova Trives e El Tattoo.
Entre os asistentes ao xantar, acompañando ao alcalde de Montederramo Óscar Diéguez, estaban alcaldes da contorna ademais do delegado da Xunta en Ourense Javier Pardo e o presidente da Deputación Luis Menor,entre outras autoridades.
Fotos: O SIL.
Máis información e fotos: