EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Preséntase un novo libro divulgativo sobre a lousa galega

O traballo "La pizarra. Extracción", publicado polo Clúste da Pizarra, darase a coñecer o 12 de decembro en Ourense

 

Seguindo a liña marcada polo volume “La pizarra, Galician & Spanish Slate” (2010), o Clúster da Pizarra de Galicia vén de editar un novo traballo divulgativo sobre esta pedra natural e o seu proceso de elaboración. Leva por título  “La pizarra. Extracción” e será presentado o vindeiro 12 de decembro ás 12h. no Centro Cultural Marcos Válcarcel de Ourense.

Conta con textos de Carlos Quintáns, quen explica que o volume tamén reúne imaxes do fotógrafo Juan Rodríguez, “que se realizaron visitando diversas canteiras de lousa para mostrar a capacidade plástica que teñen moitas delas, así como a visión do conxunto da canteira ou de anacos dalgunha das súas partes. Tamén será obxecto de estudo fotográfio a análise dos primeiros procesos de elaboración dende un plantexamento eminentemente plástico no que a beleza das imaxes será determinante no interese do documenta gráfico”.

Quintáns analiza no texto os procesos de extracción e a súa historia, incidindo nos axustes e avances que nos sistemas de extracción téñense sucedido ao longo da historia e buscando a relación “con accións land-art e outras reflexións que sobre a análise do territorio poden darse, atendendo á súa relación con outras intervencións que transforman a topografía”, explica o autor.

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button