CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Presenza barquense na XVIII Mostra Musical do Eixo Atlántico, en Barcelos do 13 ao 14 de abril

Os días 13 e 14 de abril celebrarase na cidade portuguesa de Barcelos a XVIII Mostra Musical do Eixo Atlántico. Trátase dun concurso musical, nado en 2008 no que este ano participan 408 mozos de Galicia e do Norte de Portugal.

Un total de 343 integrantes de agrupacións musicais e 32 solitas, chegados de 30 escolas de música e conservatorios de 22 municipios do Eixo Atlántico, interpretarán pezas de música clásica e jazz. Os solistas, de entre 8 e 18 años, e os grupos, nos que participan mozos de ata 25 años, provienen de Barcelos, Gaia, Braga, Famalicão, Santa Maria da Feira, Guimarães, Vila do Conde, Fafe, Bragança, O Barco de Valdeorras, Felgueiras, A Coruña, Amarante, Ferrol, Vila Real, Gondomar, Santiago de Compostela, Mirandela, Ponteareas, Esposende, Viana do Castelo y Matosinhos.

O Barco de Valdeorras estará presente na Mostra Musical do Eixo Atlántico representado por un quintento do Conservatorio de Música Profesional do Concello e unha solista saxofonista, que actuarán o sábado 13 de abril. A mostra estará aberta ao público en xeral, e a final e a entrega de premios terán lugar o 14 de abril.

 

Artigos relacionados

Back to top button