Deportes

Presenza ourensá na Copa Galicia de Fútbol Gaélico

Cuarto e quinto posto, respectivamente, para os equipos feminino e masculino do Auriense F.G.
Planteis masculino e feminino do Auriense F.G.

O concello da Estrada acollía esta fin de semana a Copa Galicia de Fútbol Gaélico que contou coa presenza dos equipos masculino e feminino do Auriense F.G.

Os rapaces, encadrados no grupo B xunto a Fillos de Breogán da Coruña e Cambados FG, participaban coa expectativa de cando menos, repetir o 5º posto do ano pasado en Xinzo de Limia, e así o facían sendo “soamente superados por 4 dos equipos punteiros da primeira división de fútbol gaélico”, aseguran dende o club ourensán.

O equipo feminino pola súa banda, mediuse no grupo A con Irmandinhas da Estrada, Estrela Vermella de Santiago de Compostela e Ártabras da Coruña, logrando a cuarta praza nun “excelente torneo, onde soamente se viron superadas por Fillas de Breogán nas semifinais e polo Ponteverda FG na loita polo 3º e 4º posto”, un meritorio resultado que mellora a 5ª praza lograda o ano pasado en Xinzo.

Xa de cara ao futuro, o equipo masculino do Auriense F.G. afronta unha semana decisiva, recibindo o domingo ás 16 horas na Universidade, ao Dorna da Illa de Arousa, no que será “un partido crucial para determinar o factor campo no cruce para o ascenso, eliminatoria na que o equipo ourensán xa está clasificado”, explican dende Ourense. Quen consiga a victoria, xogará como local na eliminatoria a un só partido, na fin de semana do 27-28 de maio.

 

Artigos relacionados

Back to top button