DeportesÚltima hora

Presenza valdeorresa na derradeira xornada da Liga Nacional de Clubs de atletismo

De esquerda a dereita: Carlos Revuelta nun lanzamento e o marchador Jose Fernández Nieves.

 

A liga Nacional de Clubs de atletismo chegará a súa fin nesta tempada na vindeira fin de semana. A súa terceira e derradeira xornada servirá para proclamar aos equipos gañadores e para determinar cales ascenden e cales descenden.

Nesta cita dous serán os representantes valdeorreses. En División de Honra competirá o martelista Carlos Revuelta (A.D. Marathon de Madrid), que o sábado tentará contribuír a que o seu equipo manteña a praza para a próxima tempada. A súa marca colócao como máximo favorito ao triunfo no encontro que se disputará en Vallermoso.

Nesta ocasión, non estará a saltadora Leticia Gil, que nas anteriores dúas xornadas competía tamén en Disión de Honra, xa que o seu equipo, o Prayas de Castellón contará cunha atleta búlgara para defender o título que xa conseguiron o ano pasado.

En Primeira División, tomará a saída novamente o marchador, José Fernández Nieves (Real Club Celta de Vigo), competirá na Nucía.

Por último, a representación valdeorresa pecharase xa o domingo e no encontro da Segunda División A que se disputará en Soria, coas mozas do Club Adas do Barco, que loitarán por estar entre os dous primeiros equipos de cara a conseguir a praza para subir de categoría.

Artigos relacionados

Back to top button