ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 120 persoas na dobre cita deportiva da Pobra de Trives

Jesús Rodríguez, do Barco de Valdeorras, imponse no cross no que correron 21 atletas

As fermosas paraxes coas que conta A Pobra de Trives conquistaron un ano máis aos preto de 120 deportistas que na mañá do 16 de outubro participaban na dobre cita deportiva organizada polo Concello.

En torno ás nove e cuarto da mañá, das inmediacións da Finca da Barreira arrancaba a V edición da andaina que levou aos preto de cen participantes por uns 14 quilómetros, pasando por lugares como Escuadrio, A Encomenda, o Castiñeiro de Pombariños, a vila de Manzaneda e Sobrado, seguindo o camiño Real cara A Cabalar ata rematar de novo en Trives.

Uns dez minutos despois dos andarines, tocáballe o turno aos 21 atletas que participaron na II edición do cross. Unha carreira na que se impuxo Jesús Rodríguez, do Barco de Valdeorras, completando o  percorrido nunha hora e tres minutos. Segundo foi José Oliver Reboredo e terceiro José Álvarez. Na categoría feminina, só houbo unha corredora, Mónica Rodríguez.

Dende a organización da proba, que remataba cun xantar en Santa Leonor, aseguran que todo foi segundo o programado, salvo un pequeno problema cun niño de abáboros que de forma inesperada  picaba a varios dos corredores durante o percorrido en plena natureza.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button