DeportesEn portadaPiraguismoÚltima hora

Preto de 150 piragüistas participan na Copa Deputación de Piragüismo, na Rúa

Por clubs, o primeiro posto foi para o Fluvial Avión, o segundo para o Fluvial o Fluvial Allariz e o terceiro para a Escola Orensá

 

Na mañá deste sábado 2 de otubro celebrábase no Encoro de San Martiño, na Rúa, a IV proba da Copa Deputación de Piragüismo para as categorías inferiores, nas que participaban 143 palistas de cinco clubs da provincia de Ourense: Fluvial Barco, Fluvial Allariz, Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Fontefría e Escola Ourensá.

Os primeiros en compeir, pasadas as once da mañá eran os brebenxamíns e benxamíns masculinos e de seguido tocáballe o turno ás rapazas das categoría prebenxamín, benxamín e alevín. Despois irían o resto de categorías.

A regata foi organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Fluvial Barco en colaboración co Concello da Rúa, e por clubs, o primeiro posto foi para o Fluvial Avión, o segundo para o Fluvial o Fluvial Allariz e o terceiro para a Escola Orensá.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button