OurenseÚltima hora

Preto de 3.000 alumnos de 20 centros educativos da provincia participan nas xornadas de Educación Viaria

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo,  destaca a importancia das xornadas de educación viaria dirixida a escolares para que “os nenos e nenas coñezan os aspectos básicos da seguridade, ao mesmo tempo que desfrutan da súa bicicleta ou patinete, participan da mobilidade e adquiren coñecementos e competencias, e toman contacto co labor e medios da Garda Civil de Tráfico, Policías Locais e Servizos de Emerxencias”.

Así o manifestaba na primeira xornada do programa de colaboración en ‘Educación Viaria’, que se está a desenvolver ata o próximo 10 de maio no CPR María Auxiliadora de Salesianos e que contará cunha exposición de material de protección civil, vehículos da Garda Civil de Tráfico e o montaxe dun circuíto con sinais de tráfico para os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil.

Estas actividades xa se desenvolveron neste ano en diversos centros educativos da provincia. Participaron 21 alumnos do CEIP Baltar;  23 alumnos do CEIP Plurilingüe Os Blancos;  350 alumnos, en tres quendas, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras); 135 alumnos do CEIP Divina Pastora (O Barco de Valdeorras); 100 alumnos do CEIP Pablo VI (A Rúa); 105 alumnos do CEIP Ramón Otero Pedrayo (O Barco de Valdeorras); 170 alumnos do CEIP Bibei (Viana do Bolo); 200 alumnos, en dúas quendas, do CEIP Manuel Respino (A Rúa); 35 alumnos do CEIP Castrelo de Miño; 42 alumnos do CEIP Emilia Pardo Bazán (Leiro); 200 alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 80 alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 500  alumnos, en tres quendas, do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 27 alumnos do CEIP Sarreaus; 30 alumnos do CEIP San Salvador (Arnoia); 200 alumnos do CEIP Plurilingüe Ribadavia; 35 alumnos do CEIP Cortegada; 187 alumnos do CPR Miraflores (O Pereiro de Aguiar). Un total ata o día de hoxe de 2.160 alumnos conducidos por 77 voluntarios.

 

 

Ata o remate do curso lectivo, están pendentes de realizar estas mesmas actividades O CPR Salesianos, o día 14 de maio no Guillelme Brown, o 16 de maio en Amoeiro, o 22 de maio en Cartelle, o 23 de maio en Ramirás, o 24 de maio na Merca, o 30 de maio en Celanova e o 12 de xuño en Cualedro.

O delegado territorial destacou a colaboración entre distintas Administracións, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través do Servizo Provincial de Emerxencias, e da Administración Xeral do Estado co Servizo de Formación da Xefatura Provincial de Tráfico, que permitiu levar este labor educativo e achegar a educación vial a preto de 3.000 alumnos de 20 centros educativos da provincia

Manuel Pardo tamén quixo agradecer a desinteresada colaboración das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia, encargadas da mobilización e montaxe do circuíto de educación vial para que todos os rapaces e rapazas de Ourense teñan a posibilidade de desfrutar destas actividades lúdico formativas.

Artigos relacionados

Back to top button