EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Preto de 500 persoas asisten á XXIX Cea do Cocido de Piñeiro (Trives) que abre as festas de San Sebastián

 

Superando expectativase malia o temporal, preto de 500 persoas asistían á XXIX edición da Cea do Cocido de Piñeiro reunía na noite do venres 24 de xaneiro, abrindo por todo o alto as Festas de San Sebastián que esta localidade do concello da Pobra de Trives celebra na fin de semana.

 

 

Trátase dunha cita gastronómica pero sobre todo lúdica que nunca defrauda. Entre os asistentes, coma sempre moita mocidade pero tamén xente de diferentes idades, incluso nenos, da contorna e doutros puntos algo máis afastados, así como un bo número de colaboradores que á hora de servir ofreceron prestos a súa axuda.

 

 

O menú tampouco defraudou: un exquisito prato con carne de porco (orella, morro, androlla, chourizo e lacón) con patacas e repolo; de postre bica; viño, café e licores.

 

 

Coma sempre, xusto no momento en que a xente degustaba a bica, o café e os licores, o presidente da asociación, Justo, procedía á subasta dos produtos donados por diferentes colaboradores (viño, produtos cárnicos e ata un cadro), así como ao sorteo dos 500 euros coas rifas vendidas polos nenos na carpa. Xa de madrugada a festa continuaba coa orquestra Saudade e Dj Sedinho.

 

 

A celebración do San Sebastián continua na fin de semana con cultos e música. Hoxe pola noite tocará a orquestra Olympus.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button