OurenseÚltima hora

Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy, cabezas de cartel do OUR FEST Xacobeo 2022

Presentación do Festival OUR FEST Xacobeo 22.

 

Expourense acollerá o sábado 17 de setembro o OUR Fest Xacobeo 2022, cun cartel encabezado por Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy, tres bandas internacionais de primeiro nivel e que acompañarán a The Big Moon e Julián Maeso Big Band, dentro da primeira edición dun festival promovido pola Xunta, enmarcado nos actos do Xacobeo 21·22.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da primeira edición deste festival no que colabora o goberno provincial, acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén; e por Jorge R. Mantiñán e David Jiménez-Zumalacárregui, director e promotor do festival.

Na súa intervención, Rosendo Fernández, salientou “a importancia de que Ourense entre a formar parte da proxección internacional do Xacobeo 21-22, cunha cita musical de primeiro nivel”. “Bandas internacionais como as que presentamos hoxe, danos unha nova dimensión que promove diferentes músicas e nos achega público tamén de fóra de España“, celebrou o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén.

“A idea foi atraer a bandas cabezas de cartel doutros festivais como Primal Scream ou Belle & Sebastian, pero tamén a futuras promesas como The Big Moon“, resaltaron Jorge R Mantiñán e David Jiménez-Zumalacárregui.

Segundo explican os organizadores, OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas consolidadas a nivel internacional, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato big band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de cinco concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.

As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com cun prezo especial de lanzamento de 30€ + gastos de xestión ata esgotar a cota. Máis adiante pasarán a custar 40€ (+ gastos de xestión).

Artigos relacionados

Back to top button