SanidadeÚltima hora

Primeira reunión da nova xunta provincial da AECC en Ourense

Entre os asuntos tratados estaban o plan de acción para este ano, o plan estratéxico e a creación do Comité Técnico Provincial

 

Os membros da nova xunta provincia da Asociación Española contra o Cancro en Ourense, que presidente Germán Rodríguez-Saá celebraban o 10 de marzo a súa primeira reunión na sede da entidade.

No decurso do encontro abordaban e acordaban temas de diferente índole, entre eles o Plan de Acción 2022, que inclúe axudas e servizos, programas anuais e un calendario de eventos. Tamén se analizaba o Plan Estratéxico 2022, cuxo principal obxectivo é chegar os servizos e axudas da asociación a todos os pacientes da provincia; así como a cuestión do voluntariado directo e indirecto e os seus consecuentes convenios.

Por outra banda, a xunta directiva falaba sobre a creación do Comité Técnico Provincial, de aspectos como a súa composición e o plan estratéxico deste ano. Finalmente tratábase a convocatoria anual cos socios para presentar resultados e obxectivos

Dende a xunta provincial da AECC en Ourense sinálase que estas reunións celebraranse con “frecuencia mensual e trasladaranse os acordos á opinión pública para cumprir coa transparencia comprometida”.

Fotos: Asociación Española contra o Cancro en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button