CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Primeira vitoria en casa para o CD Rúa tras vencer 2-0 ao Barbadás “B”

 

Houbo que esperar máis do desexado, pero o CD Rúa lograba por fin a tan ansiada vitoria en casa, dando unha alegría á afección.

 

 

Na soleada e calurosa tarde deste domingo 18 de febreiro, día das eleccións autonómicas, os de Javier Ferrer vencían 2-0 á UD Barbadás “B” no partido correspondente á xornada 22 en Primeira Galicia sumando os tres puntos en xogo.

 

CD Rúa.

 

Logo dunha primeira parte bastante lenta o primeiro gol chegaba preto xa do descanso, no minuto 42 grazas a Álex que facía que os amarelos marcharan para o vestiario coa vantaxe do 1-0. Na segunda metade do encontro, máis do mesmo, tendo que agardar ata o minuto 90, no fío xa do desconto para que Hugo puxera o 2-0 no marcador.

 

UD Barbadás “B”.

 

Con este resultado os amarelos suman 12 puntos e a terceira vitoria no que vai de tempada, sen deixar ser o faroliño vermello.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button