DeportesEn portadaPescaÚltima hora

Primeiras capturas da tempada en Valdeorras e Viana

Jesús Delgado da SPFV, cunha troita capturada este domingo.

 

Na xornada deste domingo 21 de marzo arrancaba oficialmente a tempada de pesca fluvial en Galicia e, tras un 2020 no que as restricións sanitarias dificultaron as saídas dos pescadores, os afeccionados saían con ganas e ilusión a ríos e encoros.

 

Outro membro da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, no Encoro de Prada.

 

Sen ser unha xornada excesivamente fructífera en canto a número de capturas, si foi boa en calidade tal como aseguran algúns pescadores da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras que pescaban fermosos exemplares de troita no Encoro de Prada (A Veiga). “Para nós a inauguración da tempada foi un pouco pobre en capturas, pero a pesar de todo as troitas que collemos son dunha medida aceptable e todas autóctonas, que é o que ao final máis valoramos os pescadores”, asegura Jesús Delgado.

 

Antonio Domínguez “Cachito” coas troitas capturadas en Viana.

 

Na mesma xornada, Antonio Domínguez “Cachito” (da Rúa) e outros dous pescadores, capturaban tamén varios exemplares de troita no Encoro do Bao, en Viana do Bolo.

 

Troitas pescadas no encoro de Viana.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button