ConcellosEn portadaÚltima hora

Primeiras imaxes da avioneta atopada en Pena Trevinca na parte de Zamora

 

A través dun comunicado de prensa a Subdelegación do Goberno en Ourense vén de confirmar o achado da avioneta antiincendios que desaparecía o pasado mércores e do corpo do piloto falecido nun accidente.

A aeronave atopábase “na ladeira de Pena Trevinca, en coordenadas da demarcación de Zamora, e foi avistado á primeira hora desta tarde por un helicóptero da Xunta de Castela e León, ao que se sumou o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) de Trives (Ourense)”.

Así mesmo, no comunicado da Subdelegación do Goberno en Ourense indícase que “desde o Goberno trasladamos o pésame á súa familia e achegados, así como o agradecemento á Garda Civil e aos medios de distintos ministerios e administracións e a todos os efectivos que participaron na procura”.

Avioneta atopada ás 16h.

O Grupo de Rescate e Salvamento da Axencia de Protección Civil e Emerxencias da Junta de Castilla y León localizou a avioneta que se atopaba extraviada desde o pasado 19 de outubro, nunha zona montañosa a uns 5 kilométros ao nordeste da localidade de Porto, na provincia de Zamora. O persoal de rescate tamén atopou ao piloto falecido no interior da aeronave.

O dispositivo de búsqueda púxose en marcha o pasado mércores 19 de outubro, cando unha chamada desde a base de incendios de Doade (Sober) informaba de que perderan a pista dunha avioneta que sairá dalí con destino a Córdoba. A bordo unicamente ía o piloto, e indicaban a posible zona de extravío nunha zona fronteiriza con Portugal, entre as provincias de León, Zamora e Ourense, segundo informa o 112 de Castela e León.

Imaxes: 112 Castela e León.

 

Artigos relacionados

Back to top button