En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Primeiro día da fase 1 da desescalada en Valdeorras

A maioría dos comercios e unha pequena parte do sector hostaleiro reabre hoxe as portas na comarca

 

Hoxe é un día importante para a poboación en Valdeorras. Despois de case dous meses pechados polo decreto do estado de alarma, moitos establecementos comerciais e algúns hostaleiros abrían as portas neste luns 11 de maio, entrando paseniñamente na fase 1 da desescalada establecedida polo Goberno central.

Na Rúa abrían a maioría dos comercios (de roupa, complementos, fotografía, xoiería, mobles,…) pero moi poucos establecementos hostaleiros, e iso que a xente está desexosa de poder tomar un café nunha terraza. De feito salvo catro ou cinco excepcións, a maioría acordou abrir para a vindeira semana. No caso do Barco, máis do mesmo, moitos locais abertos pero outros moitos aínda pechados.

Os que reabren hoxe as portas (a maioría con horarios reducidos), fano con ilusión e ganas, pero tamén preocupación pola reacción da xente ante as medidas de hixiene que están obrigados a tomar. Especialmente delicado é o sector téxtil no que deben desinfectar a roupa e case obrigar á xente a lavar as mans co xel hidoalcohólico que teñen a súa disposición na entrada. “Moitos veñen sen mascarilla e din que xa lavaron as mans na casa… vai ser difícil”, comentan.

De momento, Valdeorras vai volvendo á vida comercial, adaptando os locais para cumprir coas medidas de seguridade e hixiente necesarias para evitar un repunte nos contaxios de Covid-19 (mamparas protectoras, desinfección, guantes, mascarillas, distancias de seguridade,…). Esperemos que todos cumpran e pronto se poda pasar á fase 2.

Fotos: Mónica G. Bellver

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/unha-parte-do-comercio-e-da-hostalaria-barquense-reabre-adaptada-as-medidas-de-hixiene-e-seguridade-estipuladas-polo-goberno/

 

Artigos relacionados

Back to top button