EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unha parte do comercio e da hostalaría barquense reabre adaptada ás medidas de hixiene e seguridade estipuladas polo Goberno

Moitos locais abrían as portas neste luns 11 de maio, o primeiro día da fase 1 da desescalada, pero con restriccións

 

Despois de case dous meses pechados pola pandemia do Covid-19, a entrada na fase 1 da desescalada daba luz verde á reapertura do sectores comercial e hostaleiro, iso si, con certas restriccións e unha serie de normas de hixiene e seguridade a ter en conta, tanto por parte dos comerciantes como dos clientes.

 

Amigos compartindo un aperitivo nunha terraza interior.

 

Así, na mañá deste luns 11 de maio, a maioría dos comercios do Barco de Valdeorras (de roupa, calzado, droguería,…) abrían as portas ao público expectantes, preocupados pero tamén ilusionados. Seguindo as medidas estipuladas dende o Ministerio de Sanidade, os clientes non poden entrar nas tendas sen desinfectar as mans (os locais dispoñen de xel hidroalcohólico na entrada), deben facelo preferiblemente con guantes e mascarilla. Os comercios pola súa banda deben manter os artigos e o local perfectamente desinfectados.

 

O do calzado é un dos sectores que abría hoxe as portas.

 

No caso da hostalaría, hai locais que abrían (só a terraza) mantendo as distancias de seguridade entre as mesas, pero outro decidían permanecer pechados en protesta contra o Concello ao que demandan unha serie de medidas. “Así non abrimos”, reza o cartel que moitos teñen pegado na porta de entrada.

 

O cartel que figura na porta dalgúns locais de hostalaría do Barco.

 

Trátase de volver pouco a pouco á normalidade pero sendo precavidos e responsables para evitar un repunte nos contaxios. Vivimos dunha situación extraordinaria polo que é necesario crear novos hábitos que nos protexan a todos e permitan entrar o antes posible na fase 2.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/primeiro-dia-da-fase-1-da-desescalada-en-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button