Neste ano 2020 tan complexo, dende a protectora Pro Animales de Verín veñen de felicitar o Nadal cun vídeo moi especial e cunha mensaxe de esperanza. “Querémosvos felicitar as festas a todos dando esperanzas, os cans ensínannos a diario ata que punto son capaces de superar os problemas da vida, pois ben, nós tamén os superaremos”, aseguran dende a protectora.
O video foi realizado “con moito agarimo” por Jorge Godás, “polo que lle damos as grazas de corazón”, din dende Pro Animales Verín a través das redes sociais.