ConcellosO BarcoÚltima hora

Proba de son das presas de Casaio e Pumares, audible en diversos puntos do Barco, neste mediodía

Presa de Pumares./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello do Barco vén de informarse de que neste 22 de xuño de 2023, entre as 11:45 e as 12:45 horas, e “co fin de conseguir o coñecemento pola poboación dos Plans de Emerxencia das Presas de Casoio e Pumares”, faise unha “proba de son” que será audible dende os seguintes emprazamentos do termo municipal: Éntoma, Coedo, Viloira, O Barco de Valdeorras.

“Ao tratarse dunha proba, a poboación non deberá facer nada especial ao escoitala, nin alarmarse polo son que puidera producir”, segundo indica o alcalde do Barco, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button